“As Alumnas”

Segue en xira o espectáculo recoñecido co premio Luísa Villalta.

Anabell Gago e Mónica Camaño no escenario

Tras un ano de éxito polos escenarios, As Alumnas recibiu en 2023 o Premio Luisa Villalta da Deputación da Coruña. As Alumnas non é só unha obra de teatro, senón un proxecto que pretende sensibilizar sobre cuestións de memoria histórica e igualdade. Por iso, conta cunha unidade didáctica que completa a produción teatral. Agora, tras este recoñecemento, continúa a súa xira por todo Galicia. No mes de abril estarán en Cabana de Bergantiños, Ribeira, Padrón ou Boiro.

María Barbeito: innovación e resistencia é o nome do proxecto teatral e didáctico que vén de recibir este recoñecemento. A totalidade do proxecto componse da obra “As Alumnas”, así como dunha unidade didáctica, que pretende achegarnos a represión que sufrían as mulleres durante o franquismo. Ademáis, pon en valor a figura da pedagoga galega María Barbeito.

A educación, peza fundamental no desenvolvemento e na liberdade das persoas, especialmente das mulleres, é o eixo fundamental do espectáculo. As dúas personaxes femininas representan dous casos concretos de mulleres no marco histórico anterior e posterior á Guerra Civil, que nos levan a tocar as transformacións sociais do momento. “As Alumnas” busca facer un exercicio de reapropiación da realidade colectiva e individual, que se opoña ao relato hexemónico, para reconstruír a memoria e espazos imaxinarios da nosa comunidade, creándose así un acto ético/estético que se complementa coa participación de espectadores activos.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*