“Separa para reciclar”, xogo interactivo

separar-reciclar - videoxogo de SogamaIniciativa de carácter didáctico coa que se pretende que a poboación, e especialmente os máis novos, aprenda a clasificar o lixo en orixe, á vez que se divirte e entretén.

O xogo forma parte das iniciativas lúdicas postas en marcha pola Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama), co obxectivo de contribuír a incrementar as porcentaxes de reciclado en Galicia, situadas por baixo da media estatal e aínda máis afastadas da europea.

O xogo, con tres niveis de dificultade, a dinámica a seguir consiste en arrastrar os distintos residuos que van aparecendo polos bordos da pantalla ata os colectores correspondentes, procedendo ao baleirado dos mesmos en prazo e evitando que os refugallos choquen entre si. Mentres que o nivel 1 incorpora os colectores amarelo e xenérico, ambos os dous competencia de Sogama, o nivel 2 engade o azul, e o 3, o iglú verde.

E é que, aínda que os índices de selección de residuos en Galicia sitúanse por baixo da media estatal, aínda están máis afastados da media europea. No 2009, e segundo datos de Eurostat, a porcentaxe de reciclado no contorno comunitario posicionábase no 24 por cento, pero en España tan só se chegou a alcanzar o 15 por cento. Unha cifra que contrasta en gran medida coas altas taxas rexistradas nos países do norte; é o caso de Alemaña, co 48 por cento, Bélxica, co 36 por cento, e Dinamarca, Holanda e Austria, co 34, 32 e 30 por cento respectivamente. A clave reside na concienciación cidadá, absolutamente necesaria para avanzar cara a sociedade do reciclado que promulga a Comisión europea, concibida como aquela que prevén a xeración de residuos e aprovéitaos como novos recursos. Con isto, camiñaremos cara a unha maior protección ambiental, un maior crecemento económico (non en balde a industria do reciclado xera un importante volume de postos de traballo) e, por suposto, un maior benestar social e calidade de vida.

O xogo está en liña na web de Sogama: Separar para reciclar.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*