Andar o mar

Exposición fotográfica sobre a Galicia mariñeira dos séculos XIX e XX. En Vilagarcía de Arousa.

A mostra permanecerá aberta ao público deica o 31 de outubro no centro comercial Arousa, en Vilagarcía de Arousa.

Trátase de 56 imaxes, procedentes dos fondos do Museo do Mar de Galicia e da colección particular do cineasta e fotógrafo vilagarcián Rafael Sabugueiro.

A exposición Andar ao mar propón unha viaxe ao pasado das localidades costeiras de Galicia e das súas xentes entre os séculos XIX e XX a través de imaxes referentes á vida na provincia de Pontevedra, que recollen escenas da vida cotiá e descobren paisaxes transformadas polo paso do tempo, como é o caso do porto de Vilagarcía de Arousa ou da conserveira Goday da Illa de Arousa, sede, na actualidade, do Centro de Interpretación da Conserva.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*