No fondo do mar

Da man de Sogama, un novo episodio de balde das aventuras da familia Trebón no Planeta Verde.

O profesor Uxío organizou unha xornada de actividades subacuáticas. Imos cos nosos amigos e amigas a mergullarnos nos fondos mariños. Que atoparemos alí?

No Caderno Verde de Sogama tamén podedes descargar ilustracións para colorear sobre este capítulo.

Da man da Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA), están desde 2012 na internet galega as aventuras dun grupo de amigas e amigos moi especial que axudan a explicarlles aos máis cativos o que todos e todas podemos facer polo medio ambiente.

‘A familia Trebón no Planeta Verde’ é unha serie de contos en formato dixital que relata as ‘ecoaventuras’ protagonizadas polos cativos Lilia e Vito xunto cuns inesperados compañeiros chegados do espazo exterior: Carola Trebón, Anselmo Trebón e Lucas Trebón.

capitulo25Podes consultar tamén a actividade de Sogama nas redes sociais:

COMPARTIR

2 COMENTARIOS

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*