XII Encontro de Voluntariado e Bioblitz do Proxecto Ríos

proxecto-riosNesta actividade, os asistentes, organizados en pequenos grupos, percorrerán treitos do río para coñecer máis de cerca os tesouros naturais que agochan os cursos fluviais. Cada grupo se dedicará a buscar e fotografar especies de flora e fauna coa finalidade de identificalas, ben no momento, ben ao regreso da saída co asesoramento de expertos/as e guías de campo. Con esta actividade queremos divulgar a biodiversidade que vive nos nosos ríos, e as ribeiras do río Sor é un espazo moi acaído para a realización desta actvidade.Contaremos coa colaboración da Asociación Nordés Faladora, que levan varios anos inspeccionando varios treitos do río Sor.
Proxecto Ríos é unha iniciativa de voluntariado e educación ambiental de ADEGA promovida por Augas de Galicia.

Anímate a participar!! Contacta con nos e anótate:
e-mail: pacobanhobre@adega.gal
Tlfnos: 981 57 00 99 / 619 672 038

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*