Eco-Ideas de Adega

Consellos e ideas educativas para pasar na casa a corentena do Covid19.

A Asociación ecoloxista ADEGA impulsa a campaña #EuFicoNaCasaConADEGA consciente de estes días de corentena e confinamento polo COVID-19, moitos docentes, nais e pais, demandan recursos didácticos ou propostas de actividades educativas para realizar co seu alumnado vía online ou para desenvolver na súa casa coas crianzas.

ADEGA dispón desas ferramentas. Por iso, nesta páxina web terás libre acceso a unha chea de recursos educativos e divulgativos de carácter ambiental, pero tamén sobre temas do ámbito cultural ou social elaborados por ADEGA e por outras entidades e colectivos.

Pasta de dentes ecolóxica, xabón líquido natural para a lavadora, compostaxe caseira etc. Todo na web www.euficonacasa.adega.gal

#EuFicoNaCasaConADEGA

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*