A andaina da ‘Galiña Azul’ abre a sexta edición do FalaRedes

Coa súa obra A galiña azul, Carlos Casares quixo poñer o seu gran de area na tarefa de transmisión do galego ás novas xeracións e de divulgación da importancia da diversidade lingüística e culturalA homenaxe a Carlos Casares percorrerá escenarios de máis de vinte concellos nas vindeiras semanas.

‘A galiña azul’ contén cinco historias entrelazadas que transmiten mensaxes tan importantes como a defensa da diversidade lingüística, a importancia das diferenzas ou a liberdade de expresión. Para iso, a compañía responsable da adaptación, Ubú Teatro, emprega diferentes técnicas, como a narración oral, a manipulación de monicreques ou o clown.

A peza é a encargada de inaugurar a sexta edición do programa de dinamización lingüística FalaRedes, impulsado pola Secretaria Xeral de Política Lingüística, nos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL). “Coa súa obra A galiña azul, Carlos Casares quixo poñer o seu gran de area na tarefa de transmisión do galego ás novas xeracións e de divulgación da importancia da diversidade lingüística e cultural. É a mesma tarefa, son os mesmos obxectivos que nos guían hoxe cando poñemos en marcha actividades de dinamización do noso idioma para os máis novos”, explicou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, durante a presentación da actividade esta semana. Deica finais de abril, ‘A galiña azul’ percorrerá os escenarios de 21 localidades.

Homenaxe ao autor no ano Casares

“Comprace especialmente abrir unha nova edición de FalaRedes, no ano Casares, coa súa obra A galiña azul, coa que este narrador quixo poñer o seu gran de area na tarefa de transmisión do galego ás novas xeracións e de divulgación da importancia da diversidade lingüística e cultural. É a mesma tarefa, son os mesmos obxectivos que nos guían hoxe cando poñemos en marcha actividades de dinamización do noso idioma para os máis novos”, comentou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, na recente presentación da actividade.

‘A galiña azul’ é xa que logo unha homenaxe ao autor a quen a Real Academia Galega lle dedica este ano o Día das Letras Galegas: Carlos Casares, coa adaptación teatral do libro de relatos homónimo escrito por Casares destinada a público de 6 a 10 anos e ás súas familias. De feito, cada familia asistente ao espectáculo do FalaRedes recibirá, ao finalizar a representación, un exemplar do libro de Carlos Casares A galiña azul en edición especial para a RDL. A entrada é libre e de balde ata completar a capacidade das salas.

Toda a información sobre a nova edición xa está dispoñible no Portal da Lingua Galega (www.lingua.gal/falaredes) e nas redes sociais da RDL.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*