CIG Ensino lamenta as carencias das Escolas de Artes

O sistema educativo galego ten que optimizar os seus recursos, ampliando o abano de opcións para o estudantadoDemandan maior apoio a estas ensinanzas.

As Escolas de Arte e Superiores de Deseño carecen dunha auténtica política de promoción por parte da Consellaría de Educación, segundo denuncia a CIG-Ensino.

Os estudos destes centros educativos, nos que se imparten titulacións equivalente a graos universitarios ao tempos que ciclos formativos de FP, non teñen a mesma visibilidade que as ensinanzas universitarias ou a Formación Profesional, o que provoca que non se atopen en pé de igualdade con elas. A este respecto, a CIG-Ensino quere manifestar o seguinte:

  • A Consellería de Educación non publicita debidamente estes estudos contribuíndo á súa posta en valor, como así fai con outros ciclos de Formación Profesional e Graos Universitarios.
  • Hai que ter en conta que os estudos de deseño teñen a consideración de Grao Universitario, mais a Consellaría fai coincidir as probas de acceso para as Escolas coa ABAU, como aconteceu este mes de setembro, ou poñéndoas inmediatamente antes como fixo en xuño, pechando deste xeito unha posibilidade para que o alumnado poida optar por eles.
  • O sistema educativo galego ten que optimizar os seus recursos, ampliando o abano de opcións para o estudantado. Polo tanto, debe tomar as medidas oportunas para que non coincidan as datas  destas probas, ao mesmo tempo que se implica activamente para dalos a coñecer entre o alumnado.

Por todo isto, o sindicato insta a Consellaría de Educación a un cambio na súa política de  promoción destas ensinanzas e a unha mellor coordinación das datas das probas de acceso coas probas de Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU).

Fonte: CIG-Ensino

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*