Na Coruña os días 18,19, 25 e 26 de novembro.
Serán oito as conferencias, impartidas por profesores e expertos en deporte escolar, as que compoñan o programa destas xornadas, orientadas fundamentalmente a formar aos técnicos que están á fronte das escolas deportivas que figuran dentro da oferta municipal.
Preténdese con esta iniciativa orientar aos técnicos deportivos e docentes de Educación Física no correcto ensino do adestramento co obxectivo de evitar o abandono deportivo dos nenos, que adoita ter lugar durante a adolescencia, ao redor dos 14 e 15 anos, e de facer fincapé nunha correcta e segura práctica deportiva.
As xornadas están organizadas por Sportis. Formación Deportiva, o Departamento de Didácticas Específicas da Universidade da Coruña e a Escola Galega de Adestradores da FGA, en colaboración coa Concellaría de Deportes do Concello da Coruña