“Anacos” de Xacio Baños, premio AS-PG á mellor curta galega

“Anacos” de Xacio Baños, acadou o premio á mellor curta galega da Asociación Socio Pedagóxica Galega no certame Cinemacurtas da Coruña. A obra, premiada en varios festivais, conta no reparto con Mabel Ribera, Fernando Morán e Xosé Barato.

Trátase da cuarta curtometraxe de Baños despois de Quentefrío (2009), Relación de Acordes (2009) e Estereoscopía (2011) . A curta foi gravada no Concello de Cambre. Na sinopse da peza, o director, guionista e productor, Xacio Baños, sentenza que “a vida dunha persoa pode ser tan simple e sinxela como a súa receita de biscoito”

ANACOS – trailer from Xacio Baño on Vimeo.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*