A vida ás dúas rodas

A familia Trebón coñece un ecolóxico medio de transporte. Da man de Sogama, outra aventura no Planeta Verde.
 

Neste capítulo do Planeta Verde Anselmo vai aprender nun dos medios de transporte más ecolóxicos que podemos atopar. Sabedes cal é?  Pois claro que si: aquí podedes ver o ecoconto sobre a bicicleta! Tamén podedes descargar dúas novas fichas para colorear: na primeira vemos a Anselmo na bici e na segunda a Carola tamén bicicleteando.

Recordámosvos que no Caderno Verde de Sogama podedes ver os capítulos anteriores das aventuras da familia Trebón e tamén podedes descargar ilustracións para colorear sobre este capítulo.

Da man da Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA), están desde 2012 na internet galega as aventuras dun grupo de amigas e amigos moi especial que axudan a explicarlles aos máis cativos o que todos e todas podemos facer polo medio ambiente.

‘A familia Trebón no Planeta Verde’ é unha serie de contos en formato dixital que relata as ‘ecoaventuras’ protagonizadas polos cativos Lilia e Vito xunto cuns inesperados compañeiros chegados do espazo exterior: Carola Trebón, Anselmo Trebón e Lucas Trebón.

cap26_carolaPodes consultar tamén a actividade de Sogama nas redes sociais:

COMPARTIR

1 COMENTARIO

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*