Fálame Sempre!

O Club de Debate promove o uso oral do galego, o espírito crítico, a tolerancia e o traballo en equipo.Inscricións abertas deica o 30 de novembro.

O Club de Debate promove o uso oral do galego, o espírito crítico, a tolerancia e o traballo en equipo. O Club de Debate diríxese ao alumnado de 3.º e 4.º de ESO e 1.º de Bacharelato do ámbito dos concellos que o promoven (Ames, O Carballiño, Carballo, Ferrol, Negreira, Pontevedra, Rois, Santiago de Compostela e Teo). Os equipos poden inscribirse no propio centro ou no Servizo de Normalización Lingüística dos concellos participantes.

Os obxectivos son:
-Favorecer o emprego da lingua galega entre a mocidade, especialmente os usos orais en contextos formais e informais.
-Potenciar a fluidez comunicativa ligada á oratoria.
-Promover o pensamento crítico e analítico.
-Fomentar a diversidade de opinións, a tolerancia fronte a diferentes cuestións e o traballo en equipo.

O formato do Club de Debate está formulado como unha competición deportiva; é necesario crear un bo clima no equipo, xa que o traballo colaborativo é básico no desenvolvemento da actividade. É necesario delegar tarefas e asumir responsabilidades, sempre dentro dunha competición contra reloxo en igualdade de condicións.

Os/as participantes deberán agudizar o enxeño para buscaren todas as argumentacións posibles para reforzaren as ideas, o que tamén facilita a capacidade de análise e de interpretación da realidade.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*