XII Limpeza Simultánea de Ríos

Participantes na limpeza simultánea de ríos con mostra de residuos retirados: neumáticos, electrodomésticos e outro lixo
Imaxe: Proxecto Ríos – Exemplo de residuos retirados por un dos grupos en 2018
O domingo 29 de setembro.

O Proxecto Ríos convoca novamente esta xornada ambiental que chega a súa duodécima edición. Agárdase que como cada ano, milleiros de persoas participen na retirada de lixo dos cursos fluviais. E é que por desgracia segue habendo moreas de residuos que unha vez máis é necesario recoller das ribeiras.

Para participar podedes unirvos a algún grupo organizado preto do voso concello ou ben promover a limpeza nun río actuando de coordinador/a. Na web da limpeza vaise informando dos lugares onde se desenvolverá esta XII Limpeza Simultánea de Ríos.

Anímate a participar!!

Estes son os contactos:
Teléfonos: 981 57 00 99 / 619 672 038
e-mail: pacobanhobre@adega.gal
proxectoriosgaliza@gmail.com

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*