Dende o 16 de outubro e deica novembro as escolas galegas participarán neste evento.
Coa tecnoloxía como temática anual e con Leonardo da Vinci como exemplo de xenio tecnolóxico universal o profesorado galego agrupado arredor da Institución Galega de Ciencia, Igaciencia.eu, convoca desde esta semana o Día da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego. Alén de Leonardo da Vinci como científico universalmente coñecido, elixiuse tamén a Ramón Verea como exemplo de inventor galego. Verea foi o creador dunha das primeiras calculadoras.
Cos lemas ‘A tecnoloxía é cultura’ e ‘Tecnoloxía: evolución e cultura’, a Asociación do Profesorado de Tecnoloxía en Galego (Apetega) encárgase das actividades lúdicas, que nesta ocasión se centrarán na bicicleta e na figura do xenio Leonardo da Vinci.
O Día da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego ten como obxectivo mostrar que a lingua galega é un idioma apto para o desenvolvemento das materias científico-técnicas no ensino, ámbitos onde o galego non está presente en diferentes niveis educativos.
Máis información na web Cienciaengalego.org
[…] Relacionado: Día da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego 2012 […]
[…] Día da Ciencia e Tecnoloxía en Galego 2012 […]