A familia Trebón volve para celebrar o Entroido!

Da man de Sogama, chega unha nova tempada das ecoaventuras ambientais dos Trebón.

Da man da Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA), están desde 2012 na internet galega as aventuras dun grupo de amigas e amigos moi especial que axudan a explicarlles aos máis cativos o que todos podemos facer polo medio ambiente.

anselmo-peliqueiro‘A familia Trebón no Planeta Verde’ é unha serie de contos en formato dixital que relata as ‘ecoaventuras’ protagonizadas polos cativos Lilia e Vito xunto cuns inesperados compañeiros chegados do espazo exterior: Carola Trebón, Anselmo Trebón e Lucas Trebón.

En febreiro de 2014 chega a terceira entrega de capítulos da familia Trebón e faino cunha peza adicada ao Entroido, onde descubriremos quen se agocha por tras de cada un dos disfraces que os nosos amigos elaboraron reutilizando material diverso que tiñan pola casa. No Caderno Verde de Sogama poden atoparse ademais estampas para colorear: a escola, o Anselmo Peliqueiro ou unha carauta.

Capítulos anteriores publicados:

 

Podes consultar tamén a actividade de Sogama nas redes sociais:

COMPARTIR

1 COMENTARIO

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*