Ás portas do Nadal, capítulo especial da Familia Trebón.
Da man de Sogama, velaquí unha nova aventura do Planeta Verde.
Chega o Nadal ao Planeta Verde! Queredes saber o que piden os nosos amigos na carta para os reis? Mirade!
Velaquí un novo capítulo da serie multimedia para as aulas fornecida pola Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama).
Logo dunha primeira entrega de doce pezas, a Familia Trebón regresa á rede con novos capítulos. E ao tema da xestión dos residuos urbanos únense desta volta outros temas de gran interese como o transporte limpo e o aforro enerxético. Ao longo do ano, novas aventuras desta serie orientada aos escolares de Infantil e primeiro ciclo de Primaria estarán dispoñibles na sección multimedia de Sogama, no Caderno Verde de Sogama, e tamén no portal galego de educación Botóns.
Capítulos anteriores:
- CAPÍTULO 21: A máquina come-lixo
- CAPÍTULO 20: Un souto cheo de vida
- CAPÍTULO 19: Como presta a comida cando se aproveita ben!
- CAPÍTULO 17: Unha praia con tres erres
- CAPÍTULO 16: Ideas para aforrar enerxía
- CAPÍTULO 15: Visita á granxa de Aurelio
- CAPÍTULO 14: Na cidade co Bilibús
- CAPÍTULO 13: O Bilibús do Profesor Uxío
- CAPÍTULO 12: Xoguetes de papel
- CAPÍTULO 11: A familia Trebón celebra o Nadal
- CAPÍTULO 10: O ciclo do lixo
- CAPÍTULO 9: De magosto cos Trebón
- CAPÍTULO 8: A familia Trebón aprende a coidar o bosque
- CAPÍTULO 7: De visita na tenda
- CAPÍTULO 6: Festa e volta á escola coa familia Trebón
- CAPÍTULO 5: O verán no mar da familia Trebón
- CAPÍTULO 4: Coa familia Trebón, aprendemos sobre a compostaxe
- CAPÍTULO 3: A familia Trebón coñece o río
- CAPÍTULO 2: Un colector ou unha nave espacial?
- CAPÍTULO 1: A familia Trebón chega ao Planeta Verde
Podes consultar tamén a actividade de Sogama nas redes sociais:
[…] CAPÍTULO 22: Unha eco-carta aos Reis Magos […]
[…] CAPÍTULO 22: Unha eco-carta aos Reis Magos […]